Para autónomos, particulares, entidades sen ánimo de lucro e administracións

Novas axudas para fomentar o autoconsumo eléctrico e as renovables

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as novas convocatorias de autoconsumo e enerxías renovables destinadas a particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións ás que a Administración galega destina 17,2 millóns de euros.
Novas axudas para fomentar o autoconsumo eléctrico e as renovables
Muchas comunidades autónomas ofrecen incentivos para la instalación de paneles solares para autoconsumo.
As axudas están dirixidas a fomentar o autoconsumo eléctrico e proxectos de renovables térmicas.

Estas novas liñas de axudas súmanse á convocatoria xa aberta para empresas, o que fai un total de 37 millóns cos que o Goberno galego prevé mobilizar 98 millóns de euros, favorecer aforros económicos de 10,1 millóns de euros anuais e reducir as emisións anuais de CO2 en 33.100 toneladas, o equivalente a plantar 1.655.000 árbores.

En concreto, Galicia contará con 11,5M€ para fomentar o autoconsumo eléctrico a partir de enerxías renovables cunha nova convocatoria que terá por destinatarios os particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas. De concorrencia non competitiva, a intensidade de axuda varía en función da instalación pero calcúlase que poida permitir aforros nas facturas enerxéticas de 2,6 millóns de euros ao ano e mobilizar 28 millóns.

O prazo de adhesión para entidades colaboradoras está aberto desde este mércores 10 de novembro, mentres que o prazo de solicitude para os interesados comezará o 13 de decembro.

Por outra parte, activarase unha convocatoria de renovables térmicas dirixida ao sector residencial para apoiar proxectos de aerotermia, xeotermia, biomasa ou solar térmica. Cunha dotación de preto de 5,7 millóns de euros,, a intensidade da axuda tamén é moi variable pero os apoios poden chegar aos 13.500 euros no caso de instalacións xeotérmicas de circuíto pechado. Con estas axudas agárdase mobilizar ao redor de 10M€ e aforros económicos de de 500.000 euros ao ano.

O prazo de adhesión para entidades colaboradoras está xa aberto, mentres que o prazo de solicitude para os interesados comezará o 15 de decembro no caso da xeotermia e hidrotermia, o 16 de decembro para aerotermia, e o 17 de decembro para biomasa e solar térmica.

Convocatoria para empresas

Ademais, desde o mes de outubro está aberta a convocatoria de autoconsumo e almacenamento enerxético destinada a empresas. Grazas a estes apoios, que contan cun orzamento de 19,8 millóns de euros, agárdase mobilizar 60 millóns, conseguir aforros enerxéticos anuais de 65.000 MWh/ano e económicos de 7 millóns, así como unha redución de emisións de 23.000 toneladas de CO2 ao ano, equivalente á acción de 1.150.000 árbores.

Novas axudas para fomentar o autoconsumo eléctrico e as renovables