As axudas poden alcanzar o millón de euros por proxecto

Este mércores abre a convocatoria de subvencións á eficiencia enerxética para empresas

Este mércores a Xunta de Galicia abrirá a convocatoria para fomentar o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas galegas, segundo adiantou o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, nunha visita a Grupimar no Porriño. 
Este mércores abre a convocatoria de subvencións á eficiencia enerxética para empresas
O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, con parte do plantel de Grupimar, na súa sede no Porriño.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, con parte do plantel de Grupimar, na súa sede no Porriño.

Cun orzamento total de 7,5 millóns de euros, o programa de apoios prevé axudas de ata 1 millón de euros por proxecto con intensidades de entre o 35 e o 55% segundo o tamaño da empresa beneficiaria, correspondendo a máxima ás pequenas empresas. A principal novidade é que incorpora unha liña específica para iniciativas que reduzan as emisións de gases nun 30%. A convocatoria ten carácter bianual e as axudas concederanse por concorrencia non competitiva.

O conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, explicou esta liña de axudas nas instalacións de Grupimar, á que puxo como exemplo de empresa comprometida coa eficiencia enerxética pois, tal e como indicaron os seus responsables, utilizaron estas axudas para renovar a súa maquinaria e, por outra parte, benefícianse das enerxías renovables grazas á instalación de placas fotovoltaicas.

Conde destacou a traxectoria de Grupimar, que leva máis de tres décadas exportando o granito galego a todo o mundo con obras en Francia, Irlanda, Turquía ou Estados Unidos e contribuíndo ao liderado de Galicia neste sector.

Este mércores abre a convocatoria de subvencións á eficiencia enerxética para empresas