O prazo de solicitude permanecerá vixente ata o 22 de agosto

Entidades sen ánimo de lucro poderán acceder a axudas para contratar desempregados

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinará 8,5 millóns de euros en axudas para o fomento do emprego a través de programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro. Por medio desta iniciativa, o Executivo galego aspira a que unhas 150 organizacións incorporen arredor de 505 persoas sen emprego.
Entidades sen ánimo de lucro poderán acceder a axudas para contratar desempregados
Servilar, centro especial de empleo sin ánimo de lucro creado por la Fundación Lar Pro Salud Mental, ofrece servicios de lavandería y limpieza.
A Xunta prevé conceder axudas á contratación a 150 organizacións rexistradas como "iniciativa social".

Con esta liña a Xunta avoga por mellorar a empregabilidade das persoas traballadoras desempregadas a través da adquisición da experiencia profesional; fomentando, de xeito paralelo, a súa inserción no sector dos servizos sociais.

Para optar ás axudas, as entidades beneficiarias, deberán constar inscritas no correspondente rexistro como “iniciativa social” e garantir a contatación a tempo completo durante nove meses das persoas desempregadas. No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero a duración dos contratos poderá chegar ata os 12 meses.

Segundo as estimacións da Xunta, cada unha das entidades que resulten beneficiarias na presente convocatoria, percibirá un importe medio de 56.666 euros, 16.831 euros por persoa traballadora contratada. Ademais, dos 8,5 millóns de euros de orzamento da convocatoria, 3 millóns destinaranse con caracter prioritario a contratacións nos denominados proxectos singulares, que son desenvolvidos por entidades que prestan servizos a outras, a colectivos con máis dunha área de actuación ou con máis de 100 profesionais ao seu cargo.

O prazo de solicitude destas axudas abre o 22 de xullo e permanecerá vixente ata o 22 de agosto.

Balance do programa

Grazas a esta convocatoria en 2021 concedéronse axudas a 150 entidades, para cubrir os custos de 503 traballadores. Desde o ano 2009, este programa permitiu contratar cerca de 9.200 persoas desempregadas.

Entidades sen ánimo de lucro poderán acceder a axudas para contratar desempregados