Para municipios pontevedreses de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra abre o prazo para a concesión a concellos de préstamos sen xuros

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar as bases de 2019 para a concesión de préstamos sen xuros, por concorrencia competitiva,para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

A Deputación de Pontevedra abre o prazo para a concesión a concellos de préstamos sen xuros
Deputación de Pontevedra.
Deputación de Pontevedra.

Ata o 11 de febreiro, os concellos p ontevedress poderán disporán estes préstamos que concede a Deputación de Pontevedra, que reservou un crédito inicial dun millón de euros.

Os préstamos sen xuros da Deputación de Pontevedra trátanse dun instrumento máis de planificación de políticas públicas, que teñen por obxecto o fomento dunha utilidade pública, de interese social ou de promoción de uso público. O principal obxectivo desta iniciativa é facilitarlle aos concellos unha fonte de financiamento adicional co que poder afrontar, preferentemente, a execución de investimentos e, excepcionalmente, as operacións de tesourería para facer fronte a desfases transitorios ou necesidades urxentes.

Poden acollerse a esta iniciativa da Deputación de Pontevedra os concellos da provincia que, amais de ter unha poboación inferior a 50.000 habitantes (isto é, 59 municipios, todos menos Pontevedra e Vigo), dean cumprimento aos demais requisitos fixados nas bases: ter aprobado o orzamento para o exercicio corrente, ou no caso de prórroga, cumprir co previsto na lexislación; non ter pendentes de pagamento cotas de amortización de préstamos contraídos coa Deputación; así como cumprir cos previstos legais no relativo á concertación de operacións de crédito. A través destes préstamos, o importe máximo que se pode conceder é do 90% do custe do investimento, sen que supere os 400.000 euros.

Estes préstamos concédense sen xuros, comisións nin gastos doutro tipo. Dende o ano 2016, a Deputación de Pontevedra ten achegado máis de 4 millóns de euros neste programa que beneficiou a preto de 20 concellos da provincia entre os que se atopan Catoira, Fornelos de Montes, A Guarda, Oia, Nigrán, Ponte Caldelas, Arbo, Ponteareas, A Lama, Poio, Valga, Cuntis, Vilanova de Arousa, Salceda de Caselas, Silleda, Pazos de Borbén e A Cañiza.

A Deputación de Pontevedra abre o prazo para a concesión a concellos de préstamos sen xuros