A axuda enmárcase no Plan de Emprego Local

A Deputación da Coruña financia un proxecto de EspazoCoop de apoio ás cooperativas afectadas pola pandemia

A Deputación da Coruña apoia con 47.070 euros á Unión de Cooperativas EspazoCoop para o financiamento do programa "Cooperamos+", que busca impulsar ás cooperativas coruñesas afectadas pola crise da covid-19.
A Deputación da Coruña financia un proxecto de EspazoCoop de apoio ás cooperativas afectadas pola pandemia
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo./DEP.CORUÑA.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo./DEP.CORUÑA.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira Blanco, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, asinaron hoxe o convenio de colaboración que se enmarca dentro das accións do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación.

A través da iniciativa "Cooperamos+", Deputación da Coruña e EspazoCoop dar apoio ás cooperativas afectadas pola crise derivada da pandemia e impulsar o cooperativismo, en especial nos sectores máis afectados pola actual situación sanitaria. Así mesmo, a iniciativa serve de ferramenta para impulsar as alternativas laborais a través do asesoramento e acompañamento para a posta en marcha de novos proxectos, analizando a súa viabilidade técnica, económica e organizativa. "Cooperamos+" tamén pretende dar respostas eficaces para facilitar o acceso ao emprendemento por parte de colectivos con especiais dificultades.

O programa de asesoramento dará servizo a entre 20 e 80 cooperativas en funcionamento ubicadas no ámbiro rural ou periurbano da provincia da Coruña, mentres que a de impulso do cooperativismo prestará apoio a 15 proxectos de emprendemento colectivo focalizados en colectivos con especiais dificultades coma persoas en risco de exclusión ou desempregadas por mor da crise.

"Nestes momentos de crise, as cooperativas amosáronnos que teñen unha especial capacidade de resistencia e adaptación", considera González Formoso. "Por iso é de gran interese para a provincia potenciar o cooperativismo, e en concreto o de traballo asociado, para reactivar e garantir, na medida do posible, a actividade e o mantemento do emprego nas pequenas cooperativas da Coruña, maioritariamente microempresas, cuxa situación se viu afectada pola pandemia", conclúe.

Pola súa banda, a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira, explicou que a maior parte das cooperativas asociadas pertencen aos sectores culturais e de servizos e que o cooperativismo supón unha aposta polo emprego estable e de calidade nun tempo de crise económica coma o actual.

A Deputación achega a través deste convenio o 80% dos 58.800 euros de orzamento do proxecto, 47.070 euros.

A Deputación da Coruña financia un proxecto de EspazoCoop de apoio ás cooperativas afectadas pola pandemia