Axudas a 92 entidades

A Consellería de Economía respalda con 2,3 millóns o asociacionismo comercial

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder apoios por máis de 2,3 millóns de euros ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos, así como ás federacións ou asociacións de ámbito superior ao municipal.

A Consellería de Economía respalda con 2,3 millóns o asociacionismo comercial
O convenio aplicarase a máis de 15.000 traballadores da provincia da Coruña.
A Xunt a respalda o asociacionismo comercial.

A Xunta colabora con estas axudas con 92 entidades, das cales 51 son centros comerciais abertos; 27 asociacións de comerciantes dos mercados e 14 federacións, no impulso á competitividade do sector, máis de 500 accións en toda Galicia co obxectivo de atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores.

Os apoios poden chegar no caso dos centros comerciais abertos ata os 40.000 euros e alcanzar o 80% do investimento subvencionable, en función da poboación dos concellos en que están situados e do número de establecementos asociados. No que respecta ás asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, podendo alcanzar a subvención un máximo de 9800 euros. No caso das federacións, os apoios poden chegar ata os 49.000 euros, alcanzando a axuda o 70% do investimento a realizar.

As axudas que veñen de concederse permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa, e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos.

O respaldo ao asociacionismo comercial é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego..

A Consellería de Economía respalda con 2,3 millóns o asociacionismo comercial