Networking Galicia Empresa en Vilagarcía

O comercio de proximidade pode solicitar desde este mércores axudas para dixitalización

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, informou de que este 1 de marzo abre a convocatoria para que o comercio de proximidade e obradoiros artesáns soliciten as novas axudas da Xunta de Galicia para incentivar a dixitalización dos seus establecementos e servizos.
O comercio de proximidade pode solicitar desde este mércores axudas para dixitalización
El vicepresidente primero de la Xunta, Francisco Conde, en el Networking Empresa de Vilagarcía.
El vicepresidente primero de la Xunta, Francisco Conde, en el Networking Empresa de Vilagarcía.

Nun encontro dentro do ciclo Networking Galicia Empresa, organizado en colaboración coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Francisco Conde explicou que o orzamento é de 3 millóns de euros para financiar, entre outras accións, márketing dixital, servizos de loxística, posicionamento a través de páxinas web, ou a xestión de redes sociais, ademais da adquisición de equipamentos, para o cal as axudas poden ser de ata 5.600 euros.

Segundo dixo durante esta xuntanza co tecido empresarial en Vilagarcía de Arousa, trátase dunha liña de apoios para fomentar que o sector do comercio e da artesanía poidan aproveitar todas as vantaxes da tecnoloxía e a venda en liña para poder estar dispoñibles os 365 días do ano en calquera lugar do mundo.

Conde subliñou que a dixitalización e a sustentabilidade son dous retos que afronta o tecido empresarial galego e que a Xunta traballa para que as empresas e os autónomos atopen un camiño fácil para desenvolver os seus plans de negocio. Nese sentido, mencionou a Lei de simplificación administrativa e os servizos da Oficina Galicia Empresa como instrumentos de acompañamento aos sectores económicos en Galicia. Tamén apuntou que seis dos concellos da comarca son Concellos Emprendedores: Vilagarcía de Arousa, Cambados, Meaño, Ribadumia e Vilanova de Arousa.

O vicepresidente económico precisou que en xaneiro se crearon en Galicia un 6,49 % máis de empresas en comparación co mesmo mes de 2022, 22 máis. No que se refire á provincia de Pontevedra, a suba é case do 30 %, con 35 novas sociedades. E, en toda a comarca do Salnés foron 21, cun crecemento do 23,5 %.

O comercio de proximidade pode solicitar desde este mércores axudas para dixitalización