Axudas dun máximo de 6.000 euros por centro de traballo

O Bono enerxía peme permitirá a mil pemes e autónomos aforrar 860.000 euros nas facturas enerxéticas

O Consello da Xunta avaliou a nova convocatoria do Bono enerxía peme, que en 2023 contará cun orzamento de 4,2 millóns de euros -o dobre do inicialmente previsto para este exercicio- co obxectivo de apoiar mil pemes e autónomos do sector servizos para que poidan mellorar as súas instalacións e aforrar enerxía.
O Bono enerxía peme permitirá a mil pemes e autónomos aforrar 860.000 euros nas facturas enerxéticas
As axudas están destinadas a renovación na iluminación, actuacións de mellora da envolvente ou de eficiencia enerxética./RODOLFO CLIX.
As axudas están destinadas a renovación na iluminación, actuacións de mellora da envolvente ou de eficiencia enerxética./RODOLFO CLIX.

O programa do Bono enerxía peme enmárcase no actual contexto de carestía enerxética como mostra do compromiso do Goberno galego por impulsar a eficiencia das empresas neste ámbito.

Con esta nova edición, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación prevé unha mobilización de 6 millóns de euros, aforros nas facturas enerxéticas anuais de 860.000 euros, a redución do consumo de 4800MWh e a de emisións en 1440 toneladas de CO2 ao ano -o equivalente a plantar 72.000 árbores-, así como a creación ou mantemento de 48 empregos directos.

Como novidade, apoiarase o asesoramento enerxético, é dicir, tanto diagnoses como auditorías enerxéticas co obxectivo de que os beneficiarios conten cunha visión profesional para identificar posibilidades de optimización do seu consumo e de adecuación da contratación das súas subministracións enerxéticas ao escenario actual.

Estas axudas sumaranse aos apoios para a mellora da envolvente a través de elementos de control solar como toldos de cor branco ou negro; iluminación, coa renovación de equipos interiores ou exteriores por outros que utilicen tecnoloxía led; a eficiencia enerxética en instalacións eléctricas; equipamentos como a renovación de electrodomésticos ou aparellos por outros de cualificación enerxética B ou superior; climatización ou inmótica, para xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente. 

Os apoios contarán cunha intensidade do 80 % ata un máximo de 6.000 euros por centro de traballo e os solicitantes poderán acceder a un anticipo de ata o 50 % sen necesidade da presentación de avais. As axudas resolveranse por orde de solicitude e cubriranse actuacións que se executen entre o 1 de xaneiro e o 2 de outubro de 2023. 

O Bono enerxía peme permitirá a mil pemes e autónomos aforrar 860.000 euros nas facturas enerxéticas