As solicitudes, ata o 12 de agosto

O Bono Autónomo ofrecerá axudas de ata 3.000 euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar este luns a orde de convocatoria do Bono Autónomo, a quinta edición desta liña de apoios da Administración galega para axudar ás persoas traballadoras por conta propia.

O Bono Autónomo ofrecerá axudas de ata 3.000 euros
El curso va dirigido a trabajadores y autónomos y desempleados.
O Bono Autónomo conta con dúas liñas de axudas de ata 3.000 euros para mellorar a actividade das persoas autónomas.

O Bono Autónomo conta cun investimento de 5,5 millóns de euros, fondos que estarán encamiñados á mellora do rendemento empresarial e profesional dos autónomos cunha antigüidade superior aos 42 meses.

O Bono Autónomo conta con dúas liñas de axudas de ata 3.000 euros para mellorar a actividade das persoas autónomas. Dunha banda está o fornecemento dos servizos dedicados á investigación de mercado e plans de márketing, comunicación, estratexia, crecemento, refinanciamento ou reorientación do negocio, xunto cos encamiñados ao emprego de tecnoloxías en liña. Así mesmo, contémplanse axudas para outros estudos ou plans que teñan como meta incrementar a capacidade da actividade empresarial. Doutra banda investirase no relacionado coa adquisición de maquinaria e mobiliario, ferramentas, equipos informáticos ou rótulos; con apoios contemplados, tamén, para a reforma do local, a posta en marcha de aplicacións informáticas e páxinas web ou a creación de logotipos do negocio. Esta dotación ven cubrir os gastos realizados pola empresa nestes eidos ata o 31 de decembro.

Estas subvencións poderán ser solicitada ata o 12 de agosto.

Estes apoios están na liña de traballo do goberno galego en relación á robustez do mercado laboral na Comunidade, como son as axudas para a promoción do emprego autónomo, que impulsan o inicio da actividade; as destinadas a apoiar a contratación indefinida das persoas asalariadas ata a terceira persoa contratada; os incentivos á consolidación de pequenas empresas de nova creación e ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, así como os apoios ás asociacións de autónomos.

O Bono Autónomo ofrecerá axudas de ata 3.000 euros