Proxectos para mellorar a súa competitividade

As axudas do programa ReAcciona beneficiarán 191 proxectos de pemes galegas

A Xunta de Galicia vén de aprobar a concesión das axudas da última convocatoria de 2020 do programa ReAcciona, que permitirá mobilizar 800.000 euros en 191 proxectos para mellorar a competitividade das pemes galegas.
As axudas do programa ReAcciona beneficiarán 191 proxectos de pemes galegas
SmartPeme é o programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra.
Os beneficados co ReAcciona recibirán asesoramento para reorganización estratéxica e operativa dos seus negocios, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.

Con esta resolución publicada este 15 de marzo no Diario Oficial de Galicia (DOG), son 723 os proxectos apoiados polo programa ReAcciona durante 2020, cunha achega global de axudas de preto de 2,8 millóns de euros que permitirán mobilizar 3,14 millóns.

Os beneficiarios do ReAcciona, que busca achegar as respostas que precisa o tecido empresarial no novo contexto da covid-19, accederán a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como a reorganización estratéxica e operativa dos seus negocios, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.

Entre os proxectos que se veñen de aprobar na última das convocatorias de 2020, destacan o asesoramento para o financiamento da innovación, protección da innovación, a mellora da xestión financeira e procura de financiamento; a análise do potencial competitivo; a definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme e o asesoramento para o relanzamento comercial. Por sectores, ao redor dun 38% dos apoios aprobados desenvolveranse no ámbito dos servizos, un 29% no comercio, un 20% na industria, un 9% na construción e un 4% na hostalería.

Na iniciativa colaboran a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e conta co cofinanciamento do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcase no Igape Responde, unha ferramenta que busca reforzar os servizos de acompañamento aos colectivos empresariais máis vulnerables ante a actual situación económica.

As axudas do programa ReAcciona beneficiarán 191 proxectos de pemes galegas