Máis do 80% do orzamento xa está reservado

Amplíase ata o 6 de agosto o prazo para solicitar o Bono Enerxía Peme e Comercio

A Xunta vén de ampliar ata o 6 de agosto o prazo de solicitudes do Bono Enerxía Peme e Comercio, enmarcados no seu plan de reactivación do comercio de proximidade
Amplíase ata o 6 de agosto o prazo para solicitar o Bono Enerxía Peme e Comercio
Los la renovación de los equipos de iluminación ./Valeria Boltneva en Pexels
O Bono Enerxía Peme e Comercio poderá destinarse a renovación dos equipos de iluminación./Valeria Boltneva en Pexels.

Ata o de agora, o programa Bono Enerxía Peme e Comercio xa reservou 2,6 millóns de euros do orzamento (máis do 80 %) a través de 640 solicitudes (312 do sector hostaleiro, 279 do comercio, 24 de actividades artísticasrecreativas e de entretemento e 25 doutros servizos).

Os apoios, de concorrencia non competitiva, terán unha intensidade do 80 % ata un máximo de 6.000 euros por centro de traballo. Ademais, os beneficiarios poderán solicitar anticipos de ata o 50% sen necesidade de presentar avais.

As axudas poden destinarse á mellora da envolvente a través de toldos ou láminas de control solar ou térmico; á renovación dos equipos de iluminación interior ou exterior; á mellora das instalacións eléctricas; á renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, entre outros; así como equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Tamén se poderá utilizar para sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.

Xunto co programa Renove Electrodomésticos, do que o Consello da Xunta informou este xoves que concederá un total de 20.272 axudas, o Bono Enerxía Peme e Comercio permitirán unha mobilización de 15,5 millóns de euros, aforros económicos anuais de 860.000 euros, aforros enerxéticos de 7.050MWh/ano, unha redución de CO2 equivalente a plantar 105.000 árbores, así como o mantemento de máis de 200 postos de traballo.

Axudas na factura eléctrica

Doutra banda, o Goberno autonómico tamén ten previsto realizar unha nova ampliación do Bono Eléctrico Galego, pasando dos 1,6 aos 2,1 millóns de euros. Este ano xa se levan concedidos 1,22 millóns a un total de 3814 fogares.

Amplíase ata o 6 de agosto o prazo para solicitar o Bono Enerxía Peme e Comercio