COFINANCIARÁ INVESTIMENTOS DE ENTRE 25.000 E 500.000 EUROS

Actividada unha nova convocatoria das axudas do programa Galicia Emprende

Os promotores de novos proxectos empresariais poden presentar, ata o próximo 20 de xuño, as súas solicitudes de axuda ao abeiro da primeira convocatoria do programa Galicia Emprende.

Actividada unha nova convocatoria das axudas do programa Galicia Emprende

Os emprendedores que precisen máis tempo para rematar o deseño ou a avaliación dos seus proxectos, disporán de novas oportunidades nas outras dúas convocatorias previstas para este ano, que abrirán o 30 de xuño e o 10 de outubro, respectivamente

A través do Igape, a Consellería de Economía, Emprego e Industria activou o programa Galicia Emprende para apoiar a creación e a consolidación de novas empresas por emprendedores, autónomos e pemes. A Xunta incrementou un 35%, ata os 5 millóns de euros, a dotación para as novas convocatorias do programa Galicia Emprende, co que se prevé apoiar 160 novas empresas con axudas directas que poden chegar ata os 175.000 euros, impulsando así a posta en marcha ou consolidación temperá de compañías promovidas por autónomos e emprendedores, mobilizando arredor de 14 millóns de euros en investimentos, ao tempo que se contribúe ao emprego de calidade, uns 500 empregos.

Ao amparo do Galicia Emprende apoiaranse proxectos con investimentos comprendidos entre os 25.000 e os 500.000 euros, con axudas cofinanciadas polo Feder que poden cubrir o 35% do investimento no caso das pequenas empresas e o 25% para medianas, priorizando en todo caso o emprendemento industrial. As axudas poden beneficiar tanto a empresas de nova creación como a compañías cunha antigüidade operativa máxima de 42 meses.

Apoio a 81 proxectos en 2016

A través do Galicia Emprende o ano pasado concedéronse apoios a un total de 81 proxectos empresariais, que supoñen investimentos por case 7 millóns de euros e a creación ou mantemento de 235 postos de traballo.

Comentarios
Actividada unha nova convocatoria das axudas do programa Galicia Emprende