Ata o 30 de setembro

Ábrese o prazo para solicitar as axudas do bono Emprega Automoción

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as axudas do bono Emprega Automoción, o programa dirixido a ocupados co que a Xunta apoia a formación á carta nas empresas do sector.

Ábrese o prazo para solicitar as axudas do bono Emprega Automoción

O prazo de solicitude destas axudas, que financiarán o 50% da formación ata 2.000 euros por persoa, ábrese este 21 de agosto e pecharase o 30 de setembro. A Xunta de Galicia ten previsto investir tres millóns de euros neste programa para formar 1.500 persoas cada exercicio ata 2020.

Esta actuación forma parte dun programa máis amplo, Emprega Automoción, co que a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca atender as necesidades dun sector que está en auxe en Galicia apoiando a formación a medida para dar resposta aos novos perfís profesionais que nacen da man das novas tecnoloxías. Este plan inclúe, ademais das axudas do bono, outras dúas liñas de actuación: as Unidades Formativas e os cursos de formación para desempregados (AFD).

En global, impúlsase a través deste plan a creación de emprego de calidade para o que se investirán 20 millóns de euros ata 2020 para formar a 9.000 persoas.

Ábrese o prazo para solicitar as axudas do bono Emprega Automoción