Resolución da convocatoria da Axencia Galega da Industria Forestal

97 empresas do sector forestal reciben axudas para modernizarse tecnoloxicamente

A Xunta de Galicia acaba de resolver a convocatoria de axudas para a modernización tecnolóxica do sector forestal que van beneficiar un total de 97 empresas galegas e mobilizarán preto de 33 millóns de euros.
97 empresas do sector forestal reciben axudas para modernizarse tecnoloxicamente
Los participantes en la acción formativa conocieron los distintos tipos de cosechadoras y procesadoras.
Unha acción formativa con maquinaria do sector forestal.

Estes apoios, dotados cun orzamento de 10,4 millóns de euros e cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, foron convocados o pasado mes de febreiro para promover nesta industria investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais.

Os investimentos apoiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria -a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera)- teñen que ver, por exemplo, coa compra de nova maquinaria, a construción de naves industriais, a adquisición de equipos de medición ou liñas automáticas de canteado. Trátase de empresas de aproveitamentos forestais e da primeira transformación da madeira asentadas no rural. De feito, o sector da transformación e comercialización de produtos forestais é un dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento económico do medio rural e para a consolidación e diversificación do seu tecido empresarial. Actúa, ademais, como un elemento que contribúe a fixar poboación nestes concellos.

Con esta premisa, os últimos catro anos, a Xunta investiu preto de 45 millóns de euros en axudas ao sector para mellorar a formación dos profesionais -con máis de 3.600 beneficiarios- e incentivar a modernización desta industria a través da transformación dixital. Nesa mesma liña, este ano estanse a executar un total de 14 millóns de euros que contempla a Axenda da Industria Forestal para incorporar as novas tecnoloxías, a innovación e o ecodeseño.

Comentarios
97 empresas do sector forestal reciben axudas para modernizarse tecnoloxicamente