Publicada no DOG a listaxe de beneficiarios

50 pemes galegas implantarán plans de competitividade grazas ao programa ReAcciona

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver, a través do Igape a concesión de axudas correspondentes á terceira convocatoria do programa ReAcciona correspondente a 2017, que suman 195.448 euros para apoiar a implantación de plans de mellora competitiva en 50 pemes galegas. 

50 pemes galegas implantarán plans de competitividade grazas ao programa ReAcciona
Francisco Conde intervindo nunha xornada sobre o programa ReAcciona.
Francisco Conde intervindo nunha xornada sobre o programa ReAcciona.

Un 20% das empresas beneficiarias do programa ReAcciona nesta convocatoria recibirán axuda para proxectos destinados á optimización da produción e cadea loxística; o 16% para a construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial; e un 14% para a mellora da xestión financeira e procura de financiamento, correspondendo o resto dos proxectos aprobados a servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico.

O programa ReAcciona está deseñado para impulsar accións de mellora en áreas concretas de xestión ou planificación das pemes galegas, poñendo á súa disposición, co apoio de expertos, o coñecemento, os métodos e ferramentas necesarias para que poidan reinventarse de forma continuada. De feito, naceu co fin de proporcionar ás pemes a capacidade para desenvolver proxectos de mellora en determinados ámbitos de xestión: financeiro, de produción, comercial ou de deseño estratéxico.

O obxectivo fundamental do programa, cofinanciado ao 80% con fondos Feder é, polo tanto, apoiar ás pequenas e medianas empresas galegas na profesionalización dos seus equipos directivos e de xestión, para fortalecerse como paso previo ao seu crecemento ou internacionalización. Mediante esta iniciativa, as empresas poden escoller o seu itinerario personalizado de mellora segundo as súas necesidades, apoiándose nun ou varios servizos que van desde un diagnóstico inicial ata a execución dos diversos plans operativos por función, pasando, se é preciso, por unha análise estratéxica detallada que marca o rumbo futuro da empresa.

A Xunta activará en datas próximas novas convocatorias tanto para o programa ReAcciona como para o ReAcciona TIC.

50 pemes galegas implantarán plans de competitividade grazas ao programa ReAcciona