Defenden a negociación a través dos comités de cada centro de traballo

O comité de Ferroatlántica en Cee rexeita a negociación dun acordo marco

O comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas continuará a concentrarse todos os mércores diante das oficinas de Ferroatlántica en Cee, como mostra de rexeitamento ao acordo marco que a empresa quere sacar adiante cos sindicatos estatais, e que suporía vincular os diferentes convenios de empresa en vigor na actualidade..

O comité de Ferroatlántica en Cee rexeita a negociación dun acordo marco

O comité "non admite nin recoñece lexitimidade algunha á fórmula escollida pola empresa nin, por suposto, a ningunha outra que puideran formular e que non pase pola lexitimamente recoñecida, que é a negociación nas nosas fábricas , entre o comité  de empresa e a propia empresa", indican nun comunicado remitido pola CIG.

Hai que lembrar que esta negociación constitúe unha "usurpación" da lexitimidade de negociación dos comités dos centros de traballo, xa que a dirección recoñece como interlocutores aos representantes das centrais sindicais, "mais non aos representantes legalmente elixidos/as polos cadros de persoal".  O persoal de Ferroatlántica na comarca da Costa da Morte xa dispón dun convenio colectivo propio, actualmente en trámite de renovación.

O comité de Cee Dumbría Centrais Hidroeléctricas. deu traslado ás respectivas asesorías xurídicas dos seus sindicatos para estudar as accións legais a emprender contra esta usurpación de dereito, non descartando a folga,  tal e como xa foi autorizado pola asemblea de traballadores. Polo momento concentraranse os mércores, ás 18:30 horas, diante das oficinas de Ferroatlántica en Cee

As primeiras consecuencias da paralización da negociación estanse traducindo na falta de acordo para a elaboración do calendario laboral do ano 2018, polo cal o comité de empresa xa interpuxo unha denuncia ante a Inspección de Traballo.

O comité de Ferroatlántica en Cee rexeita a negociación dun acordo marco