Oponse ao Acordo Marco asinado pola compañía e os sindicatos estatais

A CIG iniciará medidas para que o marco de negociación colectiva en Ferroatlántica continúe en cada centro de traballo

A CIG anuncia que adoptar as "medidas legais e sindicais necesarias" para que a negociación colectiva nas empresas do Grupo Ferroatlántica (agora Ferroglobe) continúe a realizarse en cada cenro de traballo.

A CIG iniciará medidas para que o marco de negociación colectiva en Ferroatlántica continúe en cada centro de traballo
Fábrica de Ferroatlántica en Sabón (Arteixo).
Fábrica de Ferroatlántica en Sabón (Arteixo).

O sindicato galego oponse así á sinatura do Acordo Marco para a regulación das relacións laborais nas diferentes empresas do Grupo Ferroatlántica, pactado entre a dirección da compañía de ferroaliaxes e as centrais sindicais españolas. A CIG critica que esta negociación deixa sen efecto os actuais convenios vixentes en cada centro traballo e considera que é "de dubidosa legalidade".

Para a central sindical, a intención última deste acordo é trasladar a negociación colectiva a Madrid;" é dicir, que deixen de existir os convenios colectivos dos distintos centros de traballo, como no caso da fábrica de  Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas., na fábrica de Sabón e na de Cuarzos Industriais (Mina de Serrabal).

O ámbito de negociación, en cada centro de traballo

Dende a CIG defenden que o ámbito de negociación en Ferroglobe debe corresponder a cada centro de traballo, nos que existen convenios colectivos en vigor e negociacións en marcha para a súa renovación. "Camiñar cara a acordos marco é profundamente antidemocrático e regresivo na mellora das relacións laborais, ao deixar sen efecto o ámbito de negociación de centro de traballo, protagonizado polos comité de empresa e/ou delegados de persoal, con directa supervisión e control dos traballadores/as de cada fábrica, e que garante que as condicións laborais e sociais de cada cadro de persoal teñan unha solución acorde coas súas necesidades", explican nun comunicado.

A CIG tamén considera que o Acordo Marco supón un retroceso nas condicións laborais "especialmente no referido a darlle toda a flexibilidade e facilidades á empresa para modificar as xornadas, calendarios e horarios de traballo", así como en material salarial, ao deixar sen suba os anos 2016 e 2017. "Xunto a isto, para o ano 2018, 2019 e 2020 establécense uns incrementos que non contemplan a garantía da cláusula de revisión salarial e garantía do poder adquisitivo dos salarios." 

A CIG iniciará medidas para que o marco de negociación colectiva en Ferroatlántica continúe en cada centro de traballo