Cursos destinados a menores de 30 anos

A Cámara de Santiago abre a inscrición para a formación troncal e específica do programa PICE

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela vén de abrir o prazo de inscrición para a formación troncal e específica do plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE), de empregabilidade para menores de 30 anos.

A Cámara de Santiago abre a inscrición para a formación troncal e específica do programa PICE

O programa gratuíto PICE está composto por un conxunto de accións de orientación, formación e achegamento ás empresas que persegue a empregabilidade de mozos e mozas de 16 a 29 anos. Está deseñado a medida do perfil, intereses e grao de cualificación e capacitación dos máis novos e responde á demanda actual das empresas.

Dentro do plan de capacitación do PICE, destinado a ofrecer accións directas de formación, adaptadas ás capacidades e necesidades e ás demandas empresariais para favorecer as posibilidades de inserción laboral de cada participante, a Cámara de Santiago organizará un curso de formación troncal e tres de formación específica, todos gratuítos e con prazas limitadass, para o que será necesario realizar unha inscrición previa.

O curso de formación troncal impartirase do 24 de abril ao 19 de maio en horario de 9 a 14 horas. Ofrecerase orientación en temas de empregabilidade, con información referente a habilidades persoais e sociais, competencias dixitais para a busca de emprego e idiomas.

En relación á formación específica, para o que será preciso cursar primeiro a formación troncal, celebraranse tres cursos. Do 22 de maio ao 5 de xullo, un curso de estratexia de xestión de comercio exterior, que servirá de formación válida para inscribirse na bolsa de xestores de internacionalización do IGAPE. Do 29 de maio ao 13 de xuño programouse un curso de técnicas de marketing e atención ao cliente e do 5 ao 20 de xuño un curso práctico de xestión laboral e administración de persoal con nocións de contratación, nóminas e seguros sociais.

Este programa está integrada no Plan Nacional de Implantación de la Garantía Juvenil do Ministerio de Empleo y Seguridad Social e conta con financiamento do Fondo Social Europeo.

A Cámara de Santiago abre a inscrición para a formación troncal e específica do programa PICE