Para 2018 terá un orzamento de 2 millóns de euros

A Semana Verde pecha sen perdas por cuarto ano consecutivo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu este xoves a reunión do Padroado da Semana Verde, que tivo lugar no Recinto Feiral de Silleda, onde se presentou un  orzamento novamente equilibrado para o 2018, sendo o cuarto ano consecutivo que pecha as súas contas sen perdas.

A Semana Verde pecha sen perdas por cuarto ano consecutivo
O vicepresidente da Xunta presidiu a reunión do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia.
O vicepresidente da Xunta presidiu a reunión do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia.

Desde a Vicepresidencia da Xunta informaron que, segundo a execución do orzamento deste ano e as contas previstas para o 2018, a Fundación presenta unha clara e estable recuperación económica, grazas ao traballo tanto do xerente como dos seus traballadores e das institucións presentes no Padroado, que seguen a cumprir co Plan de Viabilidade estipulado, o que fai que entre todos a Fundación estea xerando actividade ao longo de todo ano.

Nesta liña, a Fundación Semana Verde contará para o vindeiro ano cun orzamento de 2 millóns de euros, que busca consolidar a liña iniciada fai uns anos, ao mesmo tempo  que se segue garantindo a viabilidade da institución, tan relevante para Sillleda e para toda a súa comarca, procurando que a actividade se desenvolva durante todo o ano, reforzando e facendo máis eficientes os eventos tradicionais e mantendo a aposta por eventos e oportunidades de negocio relacionadas co sector primario, o turismo ou o ocio, entre outras, facendo así unha Semana Verde viable, activa e dinámica todo o ano, apunta o comunicado da Vicepresidencia.

Eventos

Durante este ano, organizáronse no recinto 14 eventos, entre eles a feira Abanca Cimag- GandAgro ou a Feira Abanca Semana Verde, que incrementou un 31% a superficie expositiva na Feira Abanca Semana Verde. E no evento Xuventude Galicia Net contouse coa colaboración da empresa de telecomunicación R, que aportou preto de 100.000 euros, ademais de material técnico.

Ademais, a Central Agropecuaria creceu por terceiro ano consecutivo, máis dun 6% en animais e case un 12% en volume de transaccións.

A Semana Verde pecha sen perdas por cuarto ano consecutivo