Buscar
13:51h. Jueves, 19 de Julio de 2018

CUN STAND INSTITUCIONAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA NO QUE PARTICIPARÁN COOPERATIVAS

A Xunta difunde un ano máis o cooperativismo en Xantar

A Xunta promoverá a economía social desde este mércores e ata o próximo domingo 4 de febreiro, xornada dedicada ás cooperativas, no 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2018, que se celebra en Expourense.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria participará cun stand institucional que contará con diversas sociedades representativas do sector cooperativo galego e da economía social. Deste xeito, exporán os seus produtos dez empresas galegas: Cobideza; Condado Paradanta; Bodegas Eidosela; Cooperativa Agraria Provincial; Productores del Campo de Capela; Bodega Jesús Nazareno; Tres Fuciños; Vélaro; Freshcut; e Terras da Mariña.

Os produtos que presentarán son autóctonos e de primeira calidade representando diferentes ámbitos do sector agroalimentario galego como o lácteo, o cárnico (porco celta, ovino e caprino), o vitivinícola, o apícola e a hortofrutícola.

Nos cinco días que dura Xantar 2018, no mesmo stand organizaranse degustacións de queixos, requeixos, meles, licores, xeados, fabas, carnes e viños das denominacións de orixe de  Valdeorras e Rías Baixas, que terán lugar desde o xoves e ata o domingo ás 13 horas, 18 horas e 19 horas. Cada unha das degustacións estará dirixida por un experto en cada produto que explicará as distintas características e peculiaridades do mesmo.