Nunha xornada en Sanxenxo este mércores

A Xunta achegará os servizos do programa ReAcciona TIC ao sector turístico

Coa finalidade de dar a coñecer as vantaxes do programa ReAcciona Tic ás empresas do sector turístico, o Igape e a Amtega organizan unha xornada este 15 de marzo en Sanxenxo, sobre “A dixitalización do turismo e os seus desafíos”.

A Xunta achegará os servizos do programa ReAcciona TIC ao sector turístico

Será a primeira dun ciclo de xornadas que o Igape e a Amtega organizarán logo de que fose activada a segunda convocatoria do ano 2017 para a solicitude dos servizos do programa ReAcciona TIC, que permanecerá aberta ata o vindeiro 31 de maio.

A xornada do programa ReAcciona TIC sobre o sector turístico incluirá un relatorio sobre as claves da campaña "Presume Galicia", por conta de Tono Mugico, CEO de Mr. Turismo, Marketing en Acción, xunto cun caso de éxito de Re-acciona da man de Nabia Naviera, onde a xerente, María Jesús Otero Acuña, contará a súa experiencia co programa. Tras estes dous relatorios, procederase á presentación dos servizos de Re-acciona TIC para o fomento da economía dixital nas pemes. O evento pecharase cunha rolda de preguntas e unha sesión de networking para as persoas asistentes.

As xornadas sectoriais sobre o programa ReAcciona TIC, cofinanciado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, están especialmente dirixidas a persoal directivo e responsables de departamentos en empresas (xerencia, compras, produción, finanzas etc.) de calquera sector. Para asistir cómpre inscribirse no enderezo de correo electrónico [email protected] ou a través do teléfono 986 419 922 (ext. 2030).

Estes encontros sectoriais levaranse a cabo entre os meses de marzo e maio en horario de mañá, e incluirán un relatorio marco protagonizado por unha empresa do sector protagonista e contarán coa experiencia concreta dunha empresa beneficiaria do programa Re-acciona.

A Xunta achegará os servizos do programa ReAcciona TIC ao sector turístico