A inscrición está aberta ata o 10 de outubro

O pitching "I+P Ideas para producir" conta xa cunha vintena de produtoras, cadeas de televisión e distribuidoras inscritas

Unha vintena de produtoras, cadeas de televisión e distribuidoras interesadas en investir en coproducións e produtos de cine e televisión listos para a súa comercialización xa confirmaron a súa participación na 11ª edición do pitching “I+P Ideas para producir”, que se celebrará os días 22 e 23 de novembro en Santiago de Compostela. 

O pitching "I+P Ideas para producir" conta xa cunha vintena de produtoras, cadeas de televisión e distribuidoras inscritas

Organizado polo Clúster Audiovisual Galego, o Pitching mantén aberto o prazo para a inscrición de proxectos ata o vindeiro 10 de outubro.

Na súa 11ª edición esta xornada de presentación de proxectos audiovisuais e reunións bilaterais reunirá en Galicia a directivos de grupos de televisión nacionais como Fernando López Puig, director de Cine e Ficción de TVE; Jorge Tuca, director de Desenvolvmento de Proxectos de Telecinco Cinema; María Contreras, produtora de Atresmedia Cine; Felipe Pontón e Rafael Taboada, do departamento de Desenvolmento de Series de Movistar+; Esteban Elorriaga, director de Contidos de TV de Euskaltel; Diego Rodríguez, do departamento de Contidos de R, ou responsables do departamento de Programas de Ficción de Mediaset España, entre outros.

Tamén asistirán os responsables de contidos de televisións autonómicas Lucía Herrera e Lucía Rodríguez, directora de Antena e xefa de Programas, respectivamente, da Radiotelevisión do Principado de Asturias; Natalia Martínez, directora de Contidos de Aragón TV; Raúl González, subdirector de Contidos de TV Castilla y León, e directivos do departamento de Programación de Televisión de Galicia.

No apartado de distribuidoras, o “I+P Ideas para producir” volve a contar coa participación de Carlos Fernández, CEO de Filmax, e Fernando Riera, responsable de Produción e Cine Español de A Contracorriente Films. Ademais, este ano asistirá tamén Cristian Caggiano, responsable de Vendas de DeAPlaneta.

Co obxectivo de facilitar contactos comerciais dos responsables dos proxectos con posibles coprodutores tamén participarán na xornada Javier Pérez de Silva, socio fundador de La Competencia; Javier Olivares, produtor executivo en Cliffhanger TV e creador de series como El Ministerio del Tiempo ou Si fueras tú; Rubén Zarauza, director de Desenvolvemento de Ánima Kitchent  ademais de responsables do departamento de Ficción de Boomerang TV, entre outros.

Inscrición gratuíta en mercado Filmarket Hub

Como novidade desta edición, e no marco da colaboración establecida entre o Clúster e Filmarket Hub, os proxectos participantes no "I+P Ideas para producir" gozarán dun ano de inscrición gratuíta no mercado online da plataforma Filmarket Hub, onde poderán potenciar a súa visibilidade e conectar con toda unha rede de produtores e empresas de Europa e Latinoamérica.

Na presente edición, o “I+P Ideas para Producir” conta co apoio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte; da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e do Concello de Santiago de Compostela. Ademais conta coa colaboración da Santiago de Compostela Film Commission, da plataforma online Filmarket Hub, da compañía Music Library & SFX, do Máster en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), do Festival Mundos Digitales e de Abanca Obra Social.  

O pitching "I+P Ideas para producir" conta xa cunha vintena de produtoras, cadeas de televisión e distribuidoras inscritas