Buscar
11:34h. Miércoles, 17 de Octubre de 2018

Xornada informativa este venres 16

CEO e Igape difunden entre o empresariado ourensán as axudas e servizos para pemes da Consellería de Economía

A Confederación Empresarial de Ourense e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), organizan o próximo venres, día 16, unha xornada informativa baixo o título “Axudas e Servizos para as PEME galegas da Consellería de Economía, Emprego e Industria”.

A xornada terá lugar a partir das 11:45 horas na sede da CEO en Ourense. O programa comezará coa intervención de benvida a cargo do presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal. Seguiralle Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de Emprego da Xunta.

A continuación intervirá Teresa Bernal Cortegoso, xefa do departamento de Servizos e Observatorio da Innovación, que falará sobre “Gain: apoio á innovación nas peme galegas”. A última ponencia estará a cargo de Miguel Ángel Romero Sáez, responsable de información do Igape, que disertará sobre as “Liñas de apoio para as peme galegas”.

Ao final das intervencións abrirase unha rolda de preguntas para os asistentes que desexen facer algún comentario ou demandar máis información.