Ata o domingo en Expourense

O 9º Salón do Automóbil de Ocasión reúne 400 vehículos en oferta

O recinto feiral de Expourense ofrece ata o domingo a mellor oferta en Galicia en vehículos de ocasión, seminovos e kilómetro cero, no marco do 9ª Salón do Automóbil de Ocasión que organiza con ACAUTO.

O 9º Salón do Automóbil de Ocasión reúne 400 vehículos en oferta
Autoridades nun dos stands presentes no Salón do Vehículo de Ocasión de Expourense.
Autoridades nun dos stands presentes no Salón do Vehículo de Ocasión de Expourense.

En total, 400 vehículos de todas as marcas e modelos que ofrecen as mellores condicións xa non só no prezo (con descontos entre os 1.200 e os 8.000 euros), senón tamén de financiamento, seguros (co “a todo risco” de regalo en moitos casos), garantías (de ata 4 anos ou máis) e servizos engadidos. Estes son algún dos atractivos que presentan os concesionarios asociados a ACAUTO no 9º Salón do Automóbil de Ocasión.

O 9º Salón de Ocasión preséntase máis completo ca nunca co maior número de coches dispoñibles ata o momento. A oferta é moi ampla e poden atoparse numerosos vehículos que representan os tres eixos do mercado de ocasión: os kilómetro cero (novos que se venden así por obxectivos comerciais que indica o fabricante); seminovos (con menos de 2 anos e menos de 50.000 kilómetros froito de renting empresarial); e o de ocasión (que foi empregado por un particular e entregado no concesionario).

Logo dos bos datos acadados durante a fin de semana pasada, cando se celebrou o Salón do Vehículo Novo, con datos semellantes aos de 2016, os expositores mostran o seu optimismo e contan con pechar de aquí ao domingo a venda de numerosos vehículos, xa que presentan “unha oferta completa que resposta ás necesidades de todo tipo de público e con prezos especiais só para estes días”.

Polo que respecta á compra dun vehículo de ocasión, dende ACAUTO recomendan acudir sempre a profesionais porque estes ofrecen unhas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares xa que, por lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esta garantía ata dous anos ou máis, no caso dos seminovos (de 0 a 3 anos). Outra vantaxe é a xestión de documentación do proceso de compra-venda, do que se encarga o profesional. “Neste salón somos todas empresas fiables e solventes e iso ofrece moitas garantías para o comprador que sabe onde estamos se tivera algún problema ou dúbida co vehículo que merca”, explicou o presidente de ACAUTO, Ramón Seijas.

O salón abre este venres ata as 20.30 horas, o sábado 28 de 10 a 20.30 horas e o domingo de 11 a 20 horas. 

O 9º Salón do Automóbil de Ocasión reúne 400 vehículos en oferta