Buscar
00:36h. Lunes, 23 de Octubre de 2017

DESENVOLVERÁN ACCIÓNS FORMATIVAS E OFRECERÁN ASESORAMENTO TÉCNICO E ECONÓMICO

A Cámara e Gas Natural Fenosa promoverán entre as empresas compostelanas a cultura da eficiencia enerxética

A Cámara de Comercio de Santiago e Gas Natural Fenosa veñen de asinar un convenio de colaboración para desenvolver accións de interese común para ambas organizacións no ámbito da eficiencia enerxética. 

Alberto Fariza e Jesús Asorey, na firma do acordo de colaboración.
Alberto Fariza e Jesús Asorey, na firma do acordo de colaboración.

O acordo selouse na entidade cameral nun acto co presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, e o director de Comercialización de Soluciones Energéticas de Gas Natural Fenosa, Alberto Fariza Fernández.

O convenio, que ten unha duración de tres anos, establece a promoción, entre as empresas asociadas á Cámara, das distintas medidas que Gas Natural Servizos xestiona entre os seus clientes actuais e potenciais no ámbito da eficiencia enerxética. Ofrecerase formación e asesoramento técnico e económico aos asociados camerais, ademais dunha campaña de concienciación sobre a relevancia de adoptar medidas dirixidas ao aforro e á eficiencia enerxética en institucións, administracións púbicas, empresas e industrias.

No marco do acordo, a Cámara divulgará as xornadas que se organicen para promover as medidas de procura da eficiencia enerxética e Gas Natural dotará de contidos a estes seminarios.