Convenio para o acceso a financiación en condicións preferentes

Abanca alíase cos vendedores do Mercado da Magdalena para impulsar a súa competitividade

Abanca e a Asociación de Vendedores do Mercado da Magdalena de Ferrol veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, o investimento e a mellora competitiva dos vendedores adheridos a esta organización.

Abanca alíase cos vendedores do Mercado da Magdalena para impulsar a súa competitividade
presidenta dos vendedores do Mercado da Magdalena, Genma González, e o director de zona de Abanca en Ferrol/Ortegal, Rafael Montero.
A presidenta dos vendedores do Mercado da Magdalena, Genma González, e o director de zona de Abanca en Ferrol/Ortegal, Rafael Montero.

A presidenta dos vendedores do Mercado da Magdalena, Genma González, e o director de zona de Abanca en Ferrol/Ortegal, Rafael Montero, rubricaron na oficina Ferrol-Capitanía da entidade financeira un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial de proximidade.

O convenio facilita que os vendedores desta praza de abastos accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Este colectivo contará con produtos especificamente deseñados para facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais na zona ou a mellora competitiva dos que xa están establecidos. Á súa disposición Abanca pon tamén préstamos e hipotecas dirixidos ao investimento, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e con xuros moi competitivos.

De maneira adicional, os comerciantes do Mercado da Magdalena asociados contarán, en condicións especiais, con outros produtos da entidade financeira galega específicos para atender as necesidades do día a día das empresas, como pólizas de crédito, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe unha oferta vantaxosa na contratación de liñas de comercio exterior e no anticipo de subvencións, así como a posta a disposición do colectivo das liñas de financiamento especial do Plan Activamos, renovado recentemente entre o banco e a Deputación da Coruña.

A Asociación de Vendedores do Mercado da Magdalena naceu o pasado ano e agrupa os intereses dos comerciantes deste espazo. Desde o pasado maio está integrada en COFER, Confederación de Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal.

Abanca alíase cos vendedores do Mercado da Magdalena para impulsar a súa competitividade