Buscar
21:02h. Viernes, 17 de Noviembre de 2017

XUNTANZA ENTRE CARMELA SILVA E O NOVO PRESIDENTE DOS EMPRESARIOS NOVOS PONTEVEDRESES

A Deputación de Pontevedra renovará a colaboración con AJE

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a disposición de renovar a colaboración da institución coa Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra.

Carmela Silva, Pablo Fernández e Lucía Pedroso, no Pazo Provincial.
Carmela Silva, Pablo Fernández e Lucía Pedroso, no Pazo Provincial.

Así llo comunicou ao novo presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández, que acudiu ao Pazo Provincial xunto á anterior presidenta, Lucía Pedroso, para manter unha xuntanza coa presidenta da Deputación.

Carmela Silva asegurou que íase manter a “extraordinaria relación” con AJE acadada coa anterior presidenta, tras este primeiro encontro co novo responsable, e recalcou que a Deputación sempre estará aberta e receptiva as demandas dos xóvenes emprendedores. Subliñou que a colaboración de AJE co plan de práctica laboral e da Deputación no premio xove empresario íase manter “e sempre estudiaremos todos aqueles proxecto o que o novo presidente nos queira plantexar”.

A Presidenta felicitou a Pablo Fernández pola seu recente nombramento como presidente de AJE pero tamén quixo agradecer o traballo feito pola anterior responsable, Lucía Pedroso, “que entendemos que agora vaise adicar máis a súa empresa pero tamén esperamos que na directiva de AJE siga colaborando porque necesitamos mulleres e ela foi unha gran presidenta”.

Pola súa parte, Pablo Fernández agradeceu a renovación do compromiso de Carmela Silva coa Asociación como vén facendo nestes dous anos “cunha relación moi estreita na colaboración dos premio xove empresario como no programa de becas en empresas e, sobre todo, por abrirnos as portas para presentarlle novos proxectos”.