Este martes haberá outra concentración de protesta

O persoal de Inditex en Pontevedra reclama que se igualen as condicións laborais nas catro provincias

Empregadaos das tendas de Inditex na provincia de Pontevedra mobilizáronse este luns en Vigo convocadas pola CIG e CCOO para demandar que se lles apliquen as mesmas condicións laborais pactadas na Coruña

O persoal de Inditex en Pontevedra reclama que se igualen as condicións laborais nas catro provincias
Concentración de persoal das tendas pontevedresas de Inditex en Vigo.
Concentración de persoal das tendas pontevedresas de Inditex en Vigo.

O obxectivo das mobilizacións é lograr equiparar as condicións laborais dos traballadores de todos os establecementos do grupo Inditex nas catro provincias. Dende a federación de Servizos da CIG reclámase un acordo global para todas as tendas do grupo téxtil en cada unha das catro provincias galegas, rematando coas diferenzas actuais entre o persoal.

A secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo, Transi Fernández, afirma que “o que se fai é pactar acordos en cada centro de traballo, e nós queremos que todas as empregadas teñan os mesmos dereitos”,  aclarando tamén que a pasada semana se logrou a equiparación tanto en Massimo Dutti como en Pull&Bear, quedando unicamente Bershka, Stradivarius e Kiddy´s Class por conqueriren o mesmo trato.

Plus salarial na Coruña

A representante sindical lembra que no caso da provincia da Coruña conseguiuse un novo plus salarial e introducíronse melloras en cuestións como vacacións, licenzas, excedencias ou conciliación. “Cremos que é inxusto que no resto de tendas da provincia de Pontevedra non teñan estas mesmas condicións; é certo que teñen outras melloras, pero foron pactadas no convenio provincial e non con Inditex”, matiza.

As protestas continuarán este martes, ás 19 horas, no centro comercial Travesía de Vigo para reivindicar a equidade laboral en Kiddy´s Class.

O persoal de Inditex en Pontevedra reclama que se igualen as condicións laborais nas catro provincias