En carpintaría e xardinaría

A Deputación de Pontevedra oferta 20 prazas nun novo obradoiro de emprego

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a realización do obradoiro “Depoespazos”, cun investimento total de máis de 300.000 euros.

A Deputación de Pontevedra oferta 20 prazas nun novo obradoiro de emprego
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.

A través deste obradoiro de emprego, segundo sinalou a presidenta provincial Carmela Silva,  “crearanse, durante os meses de outubro de 2017 a xuño de 2018, un total de 24 postos de traballo co obxectivo de mellorar esteticamente os espazos públicos dos concellos e das parroquias da provincia de Pontevedra, ademais das zonas exteriores das distintas instalacións da Deputación de Pontevedra ao longo do territorio”.

As obras de carpintaría que realizará o alumnado de “Depoespazos” “enmarcaranse dentro do Plan de mellora dos espazos públicos que a Deputación de Pontevedra aprobou o pasado mes de marzo”, asegurou a presidenta provincial, que ten por obxectivo o acondicionamento funcional e estético de xardíns públicos, parques e outras contornas e áreas de lecer dos concellos pontevedreses e as súas parroquias. 

Os traballos de “Depoespazos” materialízanse en elementos de xardinaría e mobiliario urbano: papeleiras, bancos, sinalización e pérgolas. No que corresponde á xardinería, os alumnos e alumnas primeiro recibirán unha formación teórico-práctica que, unha vez rematada, aplicarán na Escola de Cantería, o Castelo de Soutomaior, o Castelo de Sobroso e o Palacete das Mendoza.

O obradoiro “Depoespazos” precisará contratar a 24 persoas: un director, un titor, dous expertos docentes e 20 alumnos traballadores con contratos de traballo para a formación e a aprendizaxe. A selección de todo o persoal farase a través de sondaxes á Oficina de Emprego.

A Deputación de Pontevedra oferta 20 prazas nun novo obradoiro de emprego