Buscar
08:35h. Jueves, 23 de Noviembre de 2017

PROTESTAS EN VILAGARCÍA E NA CAPITAL PONTEVEDRESA

A CIG denuncia a redución de emprego de Telefónica en Pontevedra

A Sección Sindical da CIG en Telefónica concentrouse este mércores diante das Centrais Telefónicas de Vilagarcia de Arousa e de Pontevedra, para denunciar a redución de emprego na provincia.

 

Protesta de traballadores de Telefonica en Pontevedra.
Protesta de traballadores de Telefonica en Pontevedra.

O sindicato CIG considera que a redución de emprego en Telefónica na provincia de Pontevedra enmárcase na política de persoal deseñada para concentrar en Madrid e Barcelona, maioritariamente, e Bilbao, Valencia e Sevilla en menor medida, o plantel propio da empresa. Como consecuencia desta política empresarial, recorda o sindicato, o plantel de Telefónica en Pontevedra pasou de máis de 1.100 empregados nos anos 90, ao plantel actual de 276 traballadores; e no caso de Pontevedra capital, de máis de 300 traballadores a 16 na actualidade.

Con estas concentracións a CIG quere denunciar tamén a ameaza de peche de centros de traballo na Estrada, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra capital, así como o incumprimento da normativa laboral á hora de aplicar a redución de plantel, "actuando con arbitrariedade e precarizando as condicións de traballo, para sacar aos profesionais da atención directa ao público, privando aos operadores de comunicacións de actividade propia das súas profesións, para adicalos a tarefas administrativas" e externalizando estas tarefas.