Acordo entre as Consellerías de Economía, Emprego e Industria e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Centros de ESO e FP impartirán por primeira vez formación para desempregados

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, e o e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, mantiveron en Santiago unha xuntanza cos directores dos centros de ESO e FP de Galicia nos que este ano se impartirá por primeira vez formación para desempregados grazas a un acordo entre as Consellerías de Economía, Emprego e Industria e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Centros de ESO e FP impartirán por primeira vez formación para desempregados
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, mantiveron hoxe en Santiago unha xuntanza cos directores de centros de ESO e FP
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, mantiveron en Santiago unha xuntanza cos directores de centros de ESO e FP.

A mellora da formación para desempregados é, segundo apuntou Marnotes, “unha aposta clara” para o Goberno galego porque incrementa as oportunidades laborais para atopar un traballo.

A Xunta, a través do programa Cualifica FP, ampliará a formación para desempregados aos centros de ESO e FP, o que permitirá incrementar a oferta formativa neste tipo de cursos optimizando os recursos públicos. A xuntanza mantida hoxe serviu para iniciar a coordinación desta nova iniciativa da Administración autonómica que se prevé poñer en marcha a partir do primeiro trimestre deste ano.

En concreto, Cualifica FP permitirá contar con máis de 3.200 novas prazas neste tipo de oferta formativa. En palabras de Marnotes, a Administración autonómica con esta actuación multiplica por tres o orzamento, o número de cursos e de prazas de formación para desempregados da rede pública.

Para iso, investiranse entre os anos 2017 e 2018 preto de 10 millóns de euros para levar a cabo preto de 335 accións formativas para desempregados en 56 centros das Consellerías de Educación e Emprego (44 centros de ESO e FP). Deste xeito actívase a oferta de formación para o emprego en centros públicos máis elevada das realizadas en Galicia, e unha das máis completas de todo o Estado por número de centros, por oferta formativa e por prazas ofertadas.

Estes alumnos e alumnas, ao igual que os que realicen os cursos nos centros privados, poderán optar ás bolsas de formación que perciben por conceptos de transporte, manutención e conciliación co obxectivo de facilitarlles a asistencia a ditas accións.

Estes cursos para desempregados, segundo lembrou Marnotes, darán acceso a un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. Os colectivos preferentes con acceso a estes cursos serán as mulleres, os parados de longa duración e os menores de 30 anos.

Trátase dunha formación que dá resposta ás necesidades reais do tecido produtivo galego e que este ano primará aos sectores que teñen unha maior inserción laboral que son na actualidade os vinculados coa industria como a recollida, tratamento e eliminación de residuos, a industria téxtil e a fabricación de mobles; co sector servizos, principalmente servizos de comidas e bebidas, comercio polo miúdo e actividades sanitarias; e co sector da construción.

Novidades do programa de cursos

Como novidade, o Goberno galego centrará a programación do 2017 nos sectores con maiores índices de inserción laboral, cun enfoque claro na Industria 4.0 e naqueles que son estratéxicos e emerxentes, definidos na Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0. Os menores de 30 contarán, ademais, cun programa específico de formación.

Centros de ESO e FP impartirán por primeira vez formación para desempregados