Buscar
23:54h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

TAMÉN OFRECE FORMACIÓN "IN COMPANY"

A Cámara de Santiago oferta nove cursos formativos ata final de ano

Cursos e xornadas sobre informática e novas tecnoloxías, recursos humanos, comercio e marketing e contabilidade e fiscalidade compoñen a programación formativa ata final de ano da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. 

A entidade cameral programou un total de nove cursos que tratarán de desenvolver temas demandados actualmente polas empresas, como a fidelización dos clientes, a negociación comercial, a xestión laboral, o uso das redes sociais ou un curso de manipulador de alimentos e alérxenos alimentarios

O primeiro curso sobre “Negociación: Planificación e peche de entrevistas” celebrarase do 23 ao 26 de outubro nas aulas formativas da Cámara de Comercio, en horario de 19:30 a 22:00 horas. Estará impartido por consultores de Arxon Estrategia que explicarán os diversos tipos de entrevistas ás que un empresario se pode enfrontar, ensinarán a interpretar a información recibida, ademais de dar nocións de técnicas de negociación e analizar cales son os erros de comunicación máis comúns.

Ademais, esa mesma semana dará comezo outro curso sobre a “Fidelización dos clientes mediante o email marketing”. Impartirase o 24 e 25 de outubro en horario de 16:30 a 21:30 horas e a docencia correrá a cargo de Norquality Formación. Os docentes explican que cando se empeza a traballar con persoas reais no desenvolvemento da estratexia de marketing dunha empresa “non se pode baixar a garda e é preciso manter a esas persoas interesadas e vinculadas coas temáticas da empresa. “Desenvolver campañas de email marketing é algo muy común e unha ferramenta bastante tradicional entre os xerentes de marketing, xa que ofrecen unha cantidade considerable de métricas detalladas e específicas que permiten entender a efectividade dos esfuerzos realizados”, argumentan.

Asemade, a Cámara de Comercio de Santiago deseña unha formación “in company” con programas específicos creados á medida das empresas que os soliciten