Desenvolverá un programa integrado de emprego subvencionado pola Xunta e Goberno central

Asime formará cen persoas desempregadas en especialidades do sector metalúrxico

Asime (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia) desenvolverá no período 2018-2019 un programa integrado de emprego para formar cen persoas no sector metalúrxico. 

Asime formará cen persoas desempregadas en especialidades do sector metalúrxico
Soldadura será unha das áreas formativas do programa integrado que desenvolverá Asime.
Soldadura será unha das áreas formativas do programa integrado que desenvolverá Asime.

O programa integrado de emprego está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Traballo, Migracións y Seguridade Social, e ten coma obxectivo conseguir a inserción laboral de polo menos un 45% de persoas participantes.

Desde Asime salientan que este proxecto formativo chega nun momento "crucial", xa que a día de hoxe o sector industrial conta con 25.000 ocupados menos que fai oito anos e sendo o sector que avanza máis favorablemente.

A previsión, atendendo aos datos cos que arrancou o exercicio, é pechar o ano crecendo no emprego e a facturación. Despois de anos de intensa crise, o 2017 rexistrou un incremento da actividade, convertíndose nun punto de inflexión xa que o sector se prepara para unha época de crecemento. Segundo Asime, o repunte de contratos no naval sacou á luz o problema da falta de man de obra cualificada para garantir o cumprimento dos plazos dos pedidos.

Liñas de formación e destinatarios do programa

As principais liñas de formación que incluirá este programa son soldadura, tubaxe industrial, interpretación de planos, fabricación e montaxe de estructuras metálicas, tratamentos superficiais, operacións auxiliares de almacenaxe, operador de carretilla e mantemento.

Os destinatarios deste programa serán persoas desempregadas maiores de 45 anos, con discapacidade, menores de 30 anos con baixa cualificación ou cualificadas, e perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.

Para cada persoa participante elaborarase un itinerario personalizado de inserción que se adecúe as súas demandas e características curriculares.

Nunha primeira fase haberá sesións individuais de orientación laboral combinadas con píldoras formativas de procura de emprego, elaboración de currículo, preparación de entrevistas e habilidades sociais. Ademáis doutras liñas de actuación como coaching e intelixencia emocional, emprendemento e moblidade laboral ou manexo de redes sociais, formación en novas tecnoloxías e idiomas. Tamén se contemplan prácticas profesionais non laborais en empresas e medidas de conciliación para dar resposta de participación a aqueles/as demandantes con persoas ao seu cargo ou limitacións horarias.

Nunha segunda fase desenvolveranse outras actividades formativas que complementen as habilidades e competencias anteriormente adquiridas, e sempre tendo en conta o labor previo de prospección, difundindo os perfís dos participantes entre as empresas dos sectores aos que se dirixe o proxecto, detectando as súas necesidades de persoal e recabando acordos de colaboración para facilitar a inserción laboral.

Asime formará cen persoas desempregadas en especialidades do sector metalúrxico