Obxectivo: reducir ao 7% a taxa de temporalidade na Administración galega

Acordo entre Xunta e CCOO, CSIF e UGT para desenvolver un plan de estabilidade no emprego público

A Consellería de Facenda vén de acadar un acordo cos sindicatos CC.OO., CSIF e UGT para desenvolver un plan de estabilidade no emprego público, que permitirá ofertar 14.750 prazas nos servizos públicos ata o ano 2020.

Acordo entre Xunta e CCOO, CSIF e UGT para desenvolver un plan de estabilidade no emprego público

Este acordo foi acadado durante a reunión da Comisión de Persoal, e queda aberto a que se sumen outras organizacións sindicais de ámbito sectorial.

O plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos ten como obxectivo, co maior grao de consenso posible, poñer en marcha políticas de persoal que permitan reducir a taxa de temporalidade no emprego á contorna do 7%, achegándose así á plena estabilidade dos cadros de persoal da Administración autonómica.

O acordo será de aplicación ao emprego público dependente da Xunta de Galicia no ámbito dos servizos públicos, incluídas a sanidade, ensino e xustiza. No ámbito da Xunta, no período de vixencia do acordo aprobaranse ofertas de emprego ordinarias e tamén de estabilización. Por outra banda, tamén se fomentará a promoción interna nos termos nos que se negocie en cada ámbito sectorial.

As ofertas de emprego poderán abranguer en cada un dos sectores e ámbitos as prazas que veñan estando ocupadas por persoal cunha vinculación temporal que reúna os requisitos establecidos na lexislación do Estado, de forma que se poida reducir ao longo dos próximos tres anos nun máximo dun 90% as prazas ocupadas de forma temporal. Na práctica, este acordo vén a superar as limitacións derivadas da aplicación das taxas de reposición de efectivos públicos que houbo que aplicar nos últimos anos.

O acordo establece que os procesos de estabilización vanse desenvolver a través do sistema de concurso-oposición, e serán previamente negociados nas mesas sectoriais. 

Acordo entre Xunta e CCOO, CSIF e UGT para desenvolver un plan de estabilidade no emprego público