Fomento da empregabilidade

30 persoas completan a formación troncal e específica do programa PICE na Cámara de Santiago

A Cámara de Comercio de Santiago entregou hoxe os diplomas aos 30 alumnos e alumnos da formación troncal e específica do plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE),

30 persoas completan a formación troncal e específica do programa PICE na Cámara de Santiago
Alumnado dos cursos do plan PICE impartidos na Cámara compostelá.
Alumnado dos cursos do plan PICE impartidos na Cámara compostelá.

O secretario xeral, Fernando Barros, e a técnico de Formación da Cámara de Comercio de Santiago, Isabel Garrido, asistiron ao acto que se celebrou este xoves na sala de xuntas da sede compostelá.

Entre abril e xuño impartíronse cursos para orientación en temas de empregabilidade –con información referente a habilidades sociais e competencias dixitais para a busca de emprego–, e sobre xestión administrativa, atención ao cliente para turismo e hostalería e de community manager e marketing dixital.

O programa gratuíto PICE está composto por un conxunto de accións de orientación, formación e achegamento ás empresas que persegue a empregabilidade de mozos e mozas de 16 a 29 anos. O PICE é unha iniciativa integrada no Plan Nacional de Implantación da Garantía Xuvenil do Ministerio de Empleo y Seguridad Social que conta con financiamento do Fondo Social Europeo.

30 persoas completan a formación troncal e específica do programa PICE na Cámara de Santiago