Colaborará para a creación dun viveiro de empresas na localidade

Zona Franca de Vigo estenderá a súa área de influencia ao Concello da Guarda

O delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, vén de realizar a primeira visita institucional ao Concello da Guarda, onde foi recibido polo alcalde, Antonio Lomba, e por parte da corporación local.

Zona Franca de Vigo estenderá a súa área de influencia ao Concello da Guarda
O delegado de Zona Franca, David Regades, xunto ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e outros membros da corporación local.
O delegado de Zona Franca, David Regades, xunto ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e outros membros da corporación local.

Nesta xuntanza de traballo tratáronse diversos temas para tender lazos de colaboración institucional entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello da Guarda. De feito, acordouse ampliar a área de influencia da Zona Franca de Vigo ata o Concello da Guarda, xa que o municipio forma parte da Área Metropolitana de Vigo.

Sobre o estado do parque empresarial e industrial entre A Guarda e O Rosal, o Concello vai a facer un estudo de viabilidade dos distintos proxectos que neste momento están en marcha dentro do Plan Xeral, contando co apoio da Zona Franca para realizar futuros investimentos se estes estudos teñen un balance positivo.

Necesidade dun viveiro de empresas

Outros dos temas desta xuntanza foi a necesidade de contar no municipio cun centro de formación, viveiro de empresas, aceleradora ou coworking. O delegado apoia esta decisión que valorou moi positivamente, quedando pendente de que o Concello facilite un local e se realice un proxecto de reforma do mesmo, “para potenciar un intercambio de coñecementos e promover e fortalecer a actividade empresarial ao igual que xa se está facendo nos seis espazos deste tipo promovidos dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo en Baiona, Marín, O Porriño, Vigo e Nigrán, manifestou Regades.

Infraestruturas viarias

Nesta primeira reunión entre ambas institucións se tratou é a necesidade da infraestrutura viaria entre Tui e A Guarda, que permita dinamizar a economía deste territorio e facilitar a loxística dos produtos que se fabriquen e comercialicen dende A Guarda, polo que Consorcio da Zona Franca de Vigo vai apoiar o remate desta necesaria infraestrutura, facendo un chamamento a dar un impulso dende as diferentes administracións, sobre todo á Xunta de Galicia que é a que ten responsabilidades nesta materia, coma garantía dos estudios de viabilidade dos parques empresariais deste territorio.

Por último, o Concello convidou ao Consorcio da Zona Franca de Vigo a participar na vindeira Feira de emprego e formación Tecnoimaxín, que terá lugar na Guarda do 25 ao 27 de outubro. 

Xuntanza con Orpagu

Amáis da reunión do traballo co Goberno municipal guardés, o delegado de Zona Franca visitou as instalacións da Organización de Palangreros Guardeses (Orpagu), onde foi recibido pola súa xerente, Juana Parada e o seu presidente, Joaquín Cadilla. Neste encontro analizouse a iniciativa de Orpagu para a creación no municipio dunha planta de transformación de produtos da pesca, iniciativa que foi ben recibida dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo e que contará co seu apoio.

Zona Franca de Vigo estenderá a súa área de influencia ao Concello da Guarda