Enmárcase nas actuacións para reforzar a información e simplificar a asistencia a toda a cidadanía

A Axencia Tributaria de Galicia presenta a súa nova app

A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha unha aplicación para dispositivos electrónicos (App) que permitirá á cidadanía acceder de forma áxil, sinxela e intuitiva aos servizos da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

A Axencia Tributaria de Galicia presenta a súa nova app
Las apps más conocidas y utilizadas por los millennials
A app permitirá acceder aos servizos da Axencia Tributaria de Galicia.

A aplicación está dispoñible en galego e en castelán e inclúe servizos de acceso libre e outros que requiren acreditar a identificación do usuario mediante a Chave365, certificado electrónico ou DNI electrónico.

A través desta app os usuarios poderán pedir cita, pagar taxas, multas e sancións, obter os certificados de estar ao corrente de pago coa Xunta e de ser ou non declarantes do Imposto de Patrimonio, necesarios para obter axudas, subvencións ou participar en procesos de contratación, entre outros servizos.

No ano 2023, Atriga atendeu a preto de 148.000 galegos e galegas de xeito presencial mentras que a Oficina Virtual Tributaria (OVT) galega expediu preto de 48.000 certificados de estar ao corrente.

Esta nova aplicación, que irá ampliando os servizos dispoñibles, enmárcanse nas actuacións desenvolvidas pola Atriga para reforzar e avanzar na información e simplificar a asistencia a toda a cidadanía.

Plan Xeral de Control Tributario 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) tamén publica este venres o Plan Xeral de Control Tributario para 2024, que recolle algunhas novidades como son a simplificación da linguaxe utilizada nos documentos máis comúns, a incorporación dun resumo aos mesmos ou o redeseño da páxina web da Atriga para simplificar o seu uso e operatividade, ao mesmo tempo que se outorga un maior protagonismo aos servizos dos contribuíntes e á realización de trámites por vía electrónica.

Finalmente, a Axencia Tributaria de Galicia tamén subscribirá un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) que regulará a colaboración entre ambas para o intercambio electrónico dos datos do Rexistro de Vehículos e do cumprimento das obrigas fiscais, o que suporá axilizar os trámites a realizar para cambiar a titularidade dos vehículos.

A Axencia Tributaria de Galicia presenta a súa nova app