A ratio de débeda/PIB sitúase no 19,8%

Galicia, sétima comunidade con menor endebedamento

Galicia é a sétima comunidade autónoma -quinta do réxime común- con menos endebedamento de España, segundo mostran os datos do Banco de España correspondentes ao primeiro trimestre do ano.

Galicia, sétima comunidade con menor endebedamento

Ao finalizar o primeiro trimestre do ano, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 19,8%, cinco puntos menos que no conxunto de España (24,8%). Este indicador medrou en Galicia nove décimas respecto ao trimestre anterior, pero non é un aumento representativo porque se debeu a que as amortizacións de débeda da Comunidade Autónoma comezaron no mes de abril e, polo tanto, non figuran neste dato.

Hai que ter en conta que a data 31 de marzo Galicia xa ingresara os recursos do Fondo de Facilidade Financeira do primeiro trimestre, pero nese momento aínda non realizara amortizacións de débeda, mentres que outras comunidades adheridas ao FLA aínda non ingresaran os fondos deste período. É por iso que, nos seguintes trimestres, a ratio de débeda de Galicia baixará.

De feito, a Xunta lembra que a débeda de Galicia está totalmente estabilizada dende finais de 2014, e a previsión do Goberno galego é que en 2017 non aumente o endebedamento.

En importes absolutos a débeda das comunidades autónomas situouse en 279.264 millóns de euros, o 4,1% dela -11.582 millóns- en Galicia. A comunidade menos endebedada é Madrid, cun 14,9%, seguida do País Vasco, cun 15,1%, mentres que Castela a Mancha, cun 36,5% e Valencia cun 41,5% son as máis endebedadas.

Galicia, sétima comunidade con menor endebedamento