Buscar
15:43h. Martes, 17 de Julio de 2018

DATOS DA ASOCIACIÓN DE BALNEARIOS DE GALICIA

Os balnearios galegos prevén unha ocupación media do 90% durante a Semana Santa

A Asociación de Balnearios de Galicia prevé unhas taxas de ocupación durante as vacacións de Semana Santa do 90%, alcanzando o 100% nalgúns establecementos.

Un balneario galego.
Un balneario galego.

A Asociación de Balnearios de Galicia valora “moi positivamente” estes datos de estimación da ocupación posto que superan as cifras de anos anteriores. O xerente da entidade, Benigno Amor, destaca a “estabilidade” de Galicia e das comunidades limítrofes como principais territorios emisores de termalistas grazas a unha “oferta variada, de calidade e, ademais, altamente competitiva”.

“Os balnearios galegos xa gozan dun prestixio, os usuarios posúen un coñecemento cada vez mellor das súas ofertas, ao que se suma a existencia de programas terapéuticos cunha demanda crecente”, asegura o xerente da Asociación. Nesta liña, salienta que os visitantes que optan por un centro termal por motivos lúdicos pode aproveitar tamén para coñecer os programas terapéuticos destinados a tratar doenzas crónicas como a reuma, os trastornos respiratorios ou diferentes problemas na pel, entre outras.

A Asociación de Balnearios de Galicia está integrada por un total de 19 balnearios de toda a Comunidade.