O DOG publica a convocatoria de axudas para centros de formación

A Xunta pon en marcha un programa pioneiro de formación á porta

Os menores de 30 anos de 140 concellos do rural galego que non contan con centros homologados poderán recibir formación á porta, dentro dun programa pioneiro de formación da Xunta, enmarcado no Sistema de Garantía Xuvenil, cuxa convocatoria de axudas vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia. 

A Xunta pon en marcha un programa pioneiro de formación á porta

O Goberno galego prevé especializar, entre 2017 e 2018 e  a través de 160 cursos, a 2.500 mozos e mozas con estas axudas que contan cun orzamento de 4,3 millóns de euros. 

As localidades sen centros de formación homologados terán, polo tanto, prioridade nesta iniciativa coa que se impartirá unha formación homologada con certificados de profesionalidade con validez en todo o territorio nacional. A formación á porta está enmarcada dentro do Plan de formación e emprendemento no rural, que ten como obxectivo fixar poboación nas zonas menos poboadas de Galicia e aumentar as oportunidades laborais dos seus habitantes. En concreto, consiste en achegar a impartición dos cursos a través de centros móbiles ou lugares habilitados nos concellos. 

Poderán optar ás axudas do Goberno galego para impartir estes cursos, os centros formativos acreditados e/ou inscritos pola Xunta para ofrecer formación profesional para o emprego, xa sexan empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos. O prazo para presentar as solicitudes ábrese o 9 de xuño á e rematará o 10 de xullo.

Os cursos axustaranse ás necesidades do tecido empresarial de cada zona, ao tempo que se primarán as accións con maior inserción laboral e enfocadas ao uso das novas tecnoloxías. A orde de axudas ten un carácter bianual para facilitar a realización de cursos máis complexos e cun maior período de duración. Polo tanto, a cualificación será máis completa e ofrecerá, deste xeito, maiores oportunidades laborais e máis capacitación aos participantes.

A Xunta pon en marcha un programa pioneiro de formación á porta