Dotada con 2 millóns de euros

En marcha unha nova edición do programa ReAcciona

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar unha nova convocatoria do programa ReAcciona, dotada con 2 millóns de euros, que permitirá desenvolver preto de 500 novos proxectos de mellora de xestión empresarial e plans estratéxicos de futuro nas empresas galegas ata 2018.

En marcha unha nova edición do programa ReAcciona

A presentación de solicitudes ao amparo das bases reguladoras publicadas este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) estará aberta desde o próximo luns, 10 de xullo, ata o 15 de setembro. A continuación activaranse novas convocatorias en novembro e decembro deste ano e en febreiro e maio de 2018.

ReAcciona está deseñado para impulsar accións de mellora en áreas concretas de xestión ou planificación das pemes galegas, poñendo á súa disposición, co apoio de expertos, o coñecemento, os métodos e as ferramentas necesarias para que poidan reinventarse de forma continuada. A finalidade do programa é o de proporcionar ás pemes a capacidade para desenvolver proxectos de mellora en determinados ámbitos de xestión: financeiro, de produción, comercial ou de deseño estratéxico.

O obxectivo fundamental do programa, cofinanciado ao 80% con fondos Feder, é apoiar ás pemes galegas nos procesos de profesionalización dos seus equipos directivos e nos plans de xestión e desenvolvemento estratéxico, para procurar que se reforcen como paso previo ao seu crecemento ou internacionalización. Co apoio do ReAcciona, as empresas poden escoller o seu itinerario de mellora personalizado, dacordo coas súas necesidades, apoiándose nun ou en varios servizos que van desde un diagnóstico inicial ata a execución dos diversos plans operativos pasando, se fose conveniente, por unha análise estratéxica detallada que oriente o rumbo futuro da empresa.

Balance de catro anos de ReAcciona

Nos últimos catro anos, o programa ReAcciona impulsou a competitividade de 850 empresas a través de 1.400 proxectos de mellora. Nnun 35% dos casos, as empresas apostaron polos servizos de tipo comercial; seguidos de servizos de xestión, nun 26,5%; de estratexia, nun 20,5%; e de desenvolvemento dun negocio, nun 18%. Ademais, máis da metade das empresas beneficiarias dos servizos aprobados nos últimos meses corresponden ao sector da nova industria (53%) -industria ou firmas de servizos a empresas- ao que seguen o comercio maiorista (12%), a hostalaría (10%), outros servizos (12%) e a construción e actividades relacionadas (9%). A Xunta leva investido nesta iniciativa 5,1 millóns de euros, facilitando a mobilización de case 7 millóns,

En marcha unha nova edición do programa ReAcciona