Buscar
02:53h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

A DOTACIÓN ORZAMENTARIA INICIAL É DE 500.000 EUROS

Unha liña da Xunta facilita o acceso á préstamos bonificados a explotacións agrarias afectadas polas xeadas e sarabias

O Diario Oficial de Galicia publica este venres as bases reguladoras na nova liña de axudas que permitirá acceder a financiación sen custo financeiro para as explotacións agrarias afectadas polas xeadas e sarabias.

A nova liña financeira facilitará a mobilización de financiamento bancario, con préstamos a partir de 3.000 euros, para que as explotacións agrarias afectadas pola adversa climatoloxía poidan funcionar con normalidade, aprazando os seus pagamentos para facer fronte ás previsibles reducións de ingresos, ou para agardar polo cobro das indemnizacións dos seguros que lles correspondan.

Así, as explotacións produtoras ou transformadoras de uva, pataca, castaña, cereal e outros produtos de horta ou froiteiras poderán aprazar os seus pagamentos adaptándoos aos ingresos e reforzar, ao mesmo tempo, as súas estruturas financeiras.

Cunha dotación orzamentaria inicial de 500.000 euros, a nova liña financeira facilitará a mobilización de 3,5 millóns de euros en préstamos bonificados –a custo cero– para circulante ou refinanciamento de pasivos, co obxectivo de que as explotacións agrarias prexudicadas poidan facer fronte ás consecuencias da adversa climatoloxía.

Ábrese así o prazo para que as explotacións presenten as súas solicitudes nas entidades financeiras, facilitando así o acceso a financiamento sen custo financeiro para facer fronte a previsibles reducións de ingresos ou para agardar polo cobro das indemnizacións dos seguros que lles correspondan.