O prazo de solicitudes está aberto ata o 27 de abrirl

Formación vinculada aos sectores naval, automoción e metal e ás competencias dixitais, prioridades da nova convocatoria de cursos AFD da Xunta

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as axudas para impulsar a formación para desempregados (AFD) correspondentes á convocatoria 2018/2019

Formación vinculada aos sectores naval, automoción e metal e ás competencias dixitais, prioridades da nova convocatoria de cursos AFD da Xunta
Unha entrega de diplomas de cursos de formación para persoas desempregadas./X.CRESPO.
Unha entrega de diplomas de cursos de formación para persoas desempregadas./X.CRESPO.

Esta liña de axudas está dotada con 26,6 millóns de euros e ten por obxectivo cualificar 8.700 alumnos e alumnas a través de 580 cursos. Entre as novidades deste ano darase prioridade a especialidades vinculadas ao metal, naval e automoción, a docencia de formación profesional para o emprego e para as accións vinculadas coas competencias dixitais. Deste xeito, resérvase un 50% do presuposto para estas especialidades e para os cursos de competencia clave, que están dirixidos a aquelas persoas sen estudos básicos, e que, ao igual que na edición pasada, seguen tendo preferencia.

Así, investiranse 6,65 millóns de euros (o 25% do orzamento) na realización de 145 cursos para cualificar a 2175 persoas sen emprego nos sectores do metal, o naval e a automoción. En competencias clave, con máis de 2,6 millóns, levaranse a cabo 58 cursos para cualificar a 870 persoas e, con preto de 4 millóns, desenvolveranse 87 accións sobre competencias dixitais para 305 desempregados.

Nesta convocatoria, ao igual que na de 2017/2018, tamén se dará prioridade aos cursos vinculados coa Industria 4.0; aos idiomas, coñecementos financeiros, xurídicos e de funcionamento das administracións públicas; e ás especialidades con maior demanda ou maior inserción laboral. Para iso, destinarase 13,31 millóns de euros.

Prazo de solicitude

As axudas dirixidas a empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro, que poderán presentar a súa solicitude  ata o 27 de abril, teñen como obxectivo incrementar a ocupabilidade das persoas sen un traballo facilitándolles, polo tanto, o seu acceso ao mercado laboral. 

Entre os colectivos que terán priridade para acceder aos cursos están as mulleres, especialmente aquelas vítimas de violencia de xénero; os parados de longa duración; menores de 30 anos; emigrantes retornados; persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social; e alumnos con baixa cualificación.

Na edición de 2016, un 60% dos alumnos que se cualificaron nestes cursos acadaron un emprego, catro puntos porcentuais máis que nos dous anos anteriores. Dous de cada tres desempregados que atoparon un traballo fixérono nos seis primeiros meses desde que rematou o curso.

Formación vinculada aos sectores naval, automoción e metal e ás competencias dixitais, prioridades da nova convocatoria de cursos AFD da Xunta