A convocatoria está aberta ata o 29 de decembro

A Cámara de Santiago destinará 96.300 euros ás axudas do plan PICE

A Cámara de Comercio de Compostela destinará 96.300 euros á convocatoria de axudas económicas destinadas ao fomento do emprego xuvenil no marco do plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE).

A Cámara de Santiago destinará 96.300 euros ás axudas do plan PICE

O obxecto desta convocatoria é establecer o réxime das subvencións destinadas a fomentar a creación de emprego a través de axudas ás empresas para a contratación de mozos e mozas menores de 30 anos beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, así como a apoiar o desenvolvemento de novas actividades empresariais e profesionais, igualmente lideradas por mozos ou mozas beneficiarios de dito Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. “Estas medidas son un instrumento fundamental de impulso do emprego xuvenil e do emprendemento dentro da estratexia global do Goberno español para avanzar cara a recuperación económica”, sinala a responsable do departamento de Formación e Emprego da Cámara compostelá, Isabel Garrido.

Esta convocatoria inclúe dúas orientacións, unha liña de axudas a empresas da demarcación da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela para a contratación de xente nova sen emprego que finalizara, no marco do PICE, a fase de orientación vocacional do plan de capacitación. Nesta liña de axudas á contratación, a Cámara de Santiago conta cun orzamento de 89.100 euros, dos que se destinarán 4.950 euros para cada contrato que poderá ser de diferentes tipoloxías: indefinido, temporal, en prácticas ou para a formación e a aprendizaxe durante un período mínimo de seis meses. A segunda liña de axudas está destinada ao autoemprego de mozos e mozas sen traballo que tamén finalizaran a fase de orientación vocacional. Neste caso a Cámara contá cun orzamento de 7.200 euros, é dicir 1.800 euros para cada axuda a emprendedor. A convocatoria estará activa ata o 29 de decembro ou ata que se esgoten os fondos.

O plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación y Empleo  (PICE) é unha iniciativa integrada no Plan Nacional de Implantación da Garantía Xuvenil do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE).

A Cámara de Santiago destinará 96.300 euros ás axudas do plan PICE