Buscar
00:18h. Martes, 21 de Agosto de 2018

AXUDAS PARA PEMES, MICROPEMES E AUTÓNOMOS

A Cámara de Santiago abre unha nova convocatoria das axudas do programa InnoCámaras

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre a convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de plans de implantación de solucións innovadoras

A Cámara compostelana conta para esta finalidade cun orzamento de 150.200 euros, axudas que xorden no marco do programa InnoCámaras, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

O obxecto das axudas é que as pemes, micropemes e autónomos da demarcación cameral poidan desenvolver plans de implantación de solucións innovadoras, que inclúen unha fase gratuíta de asesoramento e diagnóstico e outra fase de implementación, cofinanciada ao 70% por FEDER, sendo a cuantía máxima financiable por empresa de 7.000 euros. O 30% adicional será aportado pola empresa beneficiaria, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento.

Na web da Cámara de Santiago podese consultar esta convocatoria e descargar a documentación, a solicitude de participación e realizar a tramitación electrónica mediante firma dixital, ou ben tamén de forma presencial na sede da Cámara na rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo. As empresas poderán presentar a súa solicitude a partir do día 18 de xuño e ata o 31 de xullo de 2018, ou ata esgotar o orzamento da convocatoria.