Buscar
06:36h. Domingo, 18 de Noviembre de 2018

Dun total de 154 beneficiarias

92 empresas e entidades lucenses solicitan os anticipos do programa "Ben Empregado 4" da Deputación

A Deputación de Lugo inxectará esta semana 620.000 euros ás empresas e entidades da provincia que participan no seu programa de emprego "Ben Empregado 4". 

Sonsoles López Izquierdo, deputada de Promoción Económica da Deputación de Lugo.
Sonsoles López Izquierdo, deputada de Promoción Económica da Deputación de Lugo.

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo avanzou que 92 empresas e colectivos sociais sen ánimo de lucro xa solicitaron o anticipo desta programación en impulso do emprego, que a Deputación de Lugo dotou con 2,1 millóns de euros e cos que se van xerar 154 novos postos de emprego na provincia de Lugo. Este anticipo permitirá que as empresas e entidades dispoñan deste orzamento, sen ter que empregar fondos propios.

López Izquierdo apuntou que “polo momento, son 92 entidades das 154 beneficiarias desta programación as que reciben estes fondos, ao ter formalizada a solicitude deste anticipo. Durante as vindeiras semanas, inxectaranse o resto de fondos das empresas e colectivos sociais sen ánimo de lucro que están formalizando a solicitude deste orzamento”.

A Deputada lembrou que, dos 154 novos postos de traballo xerados ao abeiro do "Ben Empregado 4", 11 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de Concellos da Mariña; 24 da Comarca da Terra Chá; 9 na de Sarria; 79 na de Lugo; 3 na da Ulloa; 10 na da Montaña; 18 en Lemos e Chantada.

O programa "Ben Empregado 4, máis social" inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos de toda a provincia, para a contratación, durante un ano, de novos traballadores cos que, ademais de facer fronte á taxa de paro, contribúese á actividade de autónomos, pemes e asociacións lucenses.